07 enero 2007

ADIOS CON EL CORAZÓN


AHORA YA NO PUBLICO EN ESTE BLOG. (Aunque lo conservo activo para ex-alumnos y por materiales que hay en él)
Si quereis localizarme o ver algo de mi nuevo cuaderno digital entrad en
www.cadernodhistoriacontemporanea.blogspot.com
en él hay varias secciones (3illo para es3a2, actualidade de aula, carpeta d traballos, propostas de traballos...) espero que os gusten.

AH, y si escribís identificaos ( a los profes viejos nos gusta ver que los viejos alumnos/as aún se acuerdan de nosotros-esperemos que para bien-)

En la foto me veis haciendo parapente el verano pasado ¡no me mateee!. Y una foto de las peñas de mi pueblo: Ribaflecha city

11 septiembre 2006

Un enlace con mi página de fotos y algo de música

http://www.picturetrail.com/photos/ojocojo

24 abril 2006

LA CRISIS DE 1917


¿Crisis?¿What crisis? que diría Supertramp.
Estamos en uno de los momentos clave de la historia contemporánea de España y en coincidencia con algo clave para la historia general como es la Rev. Rusa.

¿De quien es la imagen que aparece en este post? ¿Qué relación tiene con la crisis española de 1917?

(Buena pregunta, Buenafuente)

01 abril 2006

Estatut de Catalunya. Un enlace co texto do proxecto




Aquí tedes un enlace co texto íntegro do proxecto de Estatutpara Catalunya aprobado polo Congreso hai poucos días.

Compre lelo para poder opinar. En calquera caso. Sobre opinión aquí tedes outro enlace no que atoparedes cousas interesantes

31 marzo 2006

O exame de 2003. Sobre o movemento obreiro

2
COMPOSICIÓN DE TEXTO (tema de tipo histórico)
09
OPCION 2
Os seguintes textos deben permitírche facer unha redacción sobre o movemento obreiro en España desde as súas orixes ata a crise
da Restauración. Estructurando libremente a túa composición á luz dos documentos, e tendo en conta a súa contextualización, debes
atender cando menos ós seguintes aspectos: razóns e reivindicacións obreiras, formas de organización e loita, e caracterización
ideolóxica das principais organizacións obreiras.
Doc.1.-Parte do xeneral Pastor sobre o incendio da fábrica Bonaplata (Barcelona, 1835):
"Foi queimada a fábrica de tecidos e fundición de ferro dos señores Bonaplata e Cía. As autoridades, cando se
decataron de que tentaban este ataque os amotinados, enviaron toda a forza de que se podía dispoñer, co fin de atallar
o incendio; mais en balde, xa que estaban determinados a facelo, convencidos de que os teares movidos por máquinas
diminuían a producción do traballo manual. Os donos da fábrica, que tiñan hai días temores deste ataque, tomaron
precaucións cunha garda dos seus propios dependentes, quen prematuramente fixeron fogo ós amotinados, cousa
que alporizou a estes e aumentou a súa insolencia. A tropa que tiña que contelos púxose de por medio e resultaron
da liorta varios mortos e feridos".
Doc.2.-En setembro de 1855, El Eco de la Clase Obrera publicaba a seguinte petición as Cortes:
"Señores Deputados das Cortes Constituíntes:
Hai anos que a nosa clase vai camiñando cara a súa ruina. Os salarios minguan. O prezo dos comestibles e das
habitacións é máis alto. As crises industriais sucédense. Temos que (...) mandar ó taller ás nosas donas con prexuízo da
educación dos nosos fíllos, sacrificar a estes mesmos fíllos a un traballo prematuro.
É xa gravísimo o mal, urxe o remedio, e agardámolo de vosoutros. Non pretendemos que ataquedes a liberdade do
individuo, porque é sagrada e inviolable; nin que matedes a concurrencia, porque é a vida das artes; nin que carguedes
sobre o Estado a obriga de socorrernos, porque coñecemos os apuros do Tesouro. Pedímosvos únicamente o libre
exercicio dun dereito: do dereito de ASOCIARNOS.
Hoxe concédesenos só para favorecernos nos casos de enfermidade ou de falta de traballo; concédasenos en
adiante para opoñernos ás desmedidas esixencias dos donos dos talleres, establecer de acordo con eles tarifas de
salarios, procurarnos os artigos de primeira necesidade a baixo prezo, organizar o ensino profesional e fomentar o
desenvolvemento da nosa intelixencia, atender a todos os nosos intereses".
Doc.3.-Neste artigo publicado en setembro de 1872 en La Defensa de la Sociedad, advírtese do perigo que para
a orde establecida supón a Asociación Internacional de Traballadores (AIT):
"Proba en verdade que atinxe a reis e pobos, a sacerdotes e profanos, ó cidadán humilde e ó elevado magnate, á relixión,
á moral, á propiedade, ó traballo; á autoridade, á liberdade, á paz pública; á patria, á familia, á seguridade persoal; á
orde, ó goberno, á economía política; e en fin, a tódalas entrañas da vida da humanidade. ¡Tremendo retroceso habería
sufrir esta se en tal proba saísen vencidos os principios tutelares da súa existencia e desenvolvemento!
E vencidos sairían se os ánimos rectos, se os homes dos que os seus intereses morais e materiais están ameazados,
se as clases lexítimas cegamente combatidas, non abrisen a tempo os ollos para ver e evitar o abismo onde
empurra á sociedade enteira esa tempestade de erros (...), políglota e cosmopolita, que se titula a Asociación
Internacional".
Doc 4.-En marzo de 1917, este Manifesto conxunto da UGT e a CNT propón a folga xeral, que sería
definitivamente convocada en agosto:
"O proletariado organizado chegou así ó convencemento da necesidade da unificación das súas forzas nunha loita
común contra os amparadores da explotación erixida en sistema de goberno. E respondendo a este convencemento,
os representantes da Unión general de Trabajadores e os da Confederación Nacional del Trabajo acordaron por
unanimidade: Primeiro: (...) co fin de obrigar as clases dominantes a aqueles cambios fundamentais de sistema
que garantan ó pobo o mínimo das condicións decorosas de vida e de desenvolvemento das súas actividades
emancipadoras, imponse que o proletariado empregue a folga xeral, sen prazo definido de terminación, como a arma
máis poderosa que posúe para reivindicar os seus dereitos".

28 marzo 2006

UN ENLACE COAS PROBAS DE SELECTIVIDADE EN HISTORIA

TEDES AQUÍ UN ENLACE PARA CONSULTAR OS EXAMES DE SELECTIVIDADE DOUTROS ANOS , UN BO EXERCICIO TAMÉN PARA PREPARAR A ASIGNATURA.

12 marzo 2006

PROXIMAMENTE....EXAMEN



Dentro de pouco enfrontarémonos ó examen de avaliación . Compre ir preparándoo.
Por se alguén quere información adicional:
http://www.historiasiglo20.org/HE/10.htm
http://www.historiasiglo20.org/HE/textos.htm

¡Sorte! e traballo.